Obradoiro de bailes de serán 2024

Presentamos nestas aulas un baile libre de medos, de estereotipos, de xéneros e de discriminación, no que cada persoa poida expresar e sentir o gozo do movemento e a faceta social e liberadora do mesmo. Impartido por André Adrio.

Información sobre o docente: https://fransieira.com/andre-adrio/

 

 

CONTIDOS:

 

  • Os catro principios básicos do baile popular galego: parellas, guía, música e repetición.
  • O xogo como facultade creadora.
  • A expresión dentro do baile.
  • As diferentes partes da música e a conexión co baile.
  • Estruturas tradicionais e as súas posibles combinacións.
  • A creación de pasos como linguaxe grupal e diálogo.

 

Temporalización: Sábados 4 e 11 de maio.

Horario: de 10h a 14h

Lugar: Auditorio Municipal (Goián)

Prezo: 15,00€

Duración: 4 horas.