Escola de Teatro 2023/24

Formación impartida por Migallas Teatro.

 

O obxectivo desta actividade é introducir no mundo teatral ás persoas participantes ao tempo que se estimula a imaxinación e a capacidade creativa, fomentando o traballo en equipo e mellorando os recursos expresivos e habilidades comunicativas.

 

Aulas eminentemente prácticas nas que se estudarán e traballarán aspectos básicos da creación escénica como expresión dramática, improvisación, expresión oral, movemento expresivo, ritmo e creación de personaxe. As ditas técnicas aplicaranse nas pezas teatrais que o alumnado representará ao final de curso.

 

As clases comezarán o vindeiro 3 de outubro e serán impartidas todos os martes pola tarde no auditorio de Goián:

 

16.00h A 17.15h GRUPO DE MEDIANOS (DE 8 A 12 ANOS)
17,30h A 18.45h GRUPO DE PEQUENOS (DE 4 A 8 ANOS)
19.00h a 20.30h GRUPO DE MAIORES (+ 13 ANOS)