Curso de Horticultura Ecolóxica 2024

O alumnado asistente coñecerá de xeito teórico-práctico as bases da produtividade do cultivo ecolóxico e as labores en horticultura; que, cando, como plantar e manter a horta. Tamén se abordarán a recolección e conserva dos alimentos.

 

 

Temporalización: Venres 5, 12, 19 e 26 de abril e venres 3 e 10 de maio, en horario de 18h a 20h.

Lugar: Escola Obradoiro de Goián.

Prezo: 15,00€

Duración: 12 horas.

O prazo de inscrición finalizou!